top of page

Kaela Rowan, Indy Tumbita e Mojo Experience no Feito a Man do xoves.

Compostela, 17 de agosto do 2017 – Sons folcs, rock, blues ou soul para esta tarde noite en Compostela cunha nova xornada no Feito a Man.
A primeira das citas na Vía Sacra coa escocesa Kaela Rowan.

Kaela Rowan

Kaela Rowan comezou a súa carreira en bandas folclóricas e sesións de xogos e festivais ao redor da súa casa nas Terras Altas de Escocia. Citando unha gama ecléctica de influencias temperás. John Martyn, Planxty e Joni Mitchell, entre outros, Kaela desde entón forxou o seu propio camiño único na escena musical escocesa.

Ela é quizais mellor coñecida como cantante coa banda escocesa Mouth Music. A súa fermosa voz levouna a gravar e a cantar con Eliza Carthy Band, Karen Matheson, The Mike McGoldrick Band, Nusa… Recentemente uniuse a Shooglenifty no seu aclamado sétimo álbum ‘The Untied Knot’, traendo un novo elemento dinámico ao son da banda. Kaela viaxou cos Shoogles durante 2015 e 2016, e gravará con eles outra vez en 2017 na India.

A banda de Kaela Rowan ten un enfoque musical único que é fresco e vibrante, pero totalmente respectuoso co material de orixe pero a verdadeira estrela do espectáculo é a voz de Kaela: ninguén xustapón o poder e a fraxilidade dunha forma tan cativadora.

As dez o Feito a Man móvese ata San Martiño Pinario para escoitar dúas boas propostas desde Vigo e a propia Compostela.

Indy Tumbita

Indy Tumbita & The Voodoo Bandits é o proxecto o vigués Israel Ruíz, creador de grupos como as Pussycats ou Thee Tumbitas dos que nace esta nova formación. O traballo de Indy Tumbita móvese nos sons instrumentais, próximos a ese surf oculto e perigoso que segue tendo moitos seguidores.

Mojo Experience

Mojo Experience é unha “Explosive Blues Band” que se caracteriza por ter un son que mestura o Blues co Hard Rock, o Funk e o Soul. Cunha base rítmica de alta voltaxe e unha liña frontal incombustible ten por costume crear un directo impredecible e cheo de enerxía, que combina algunha versión con temas propios.

http://lindeiros.gal/kaela-rowan-feito-man/

http://festivalfeitoaman.gal/programacion-feito-a-man-2017/


Featured Posts
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Recent Posts
Archive
Search By Tags
No hay tags aún.
Follow Us
  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Instagram - White Circle
bottom of page